Noticias e alertas

O Concello das Pontes súmase ao proxecto “Muller Dixital”, programa financiado pola Unión Europea no marco o marco do Plan de Re...

22/09/2022

O Concello das Pontes súmase ao proxecto “Muller Dixital”, programa financiado pola Unión Europea no marco o marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia



A iniciativa que ten como obxectivo mellorar as competencias dixitais das mulleres galegas que se atopan en situación de desemprego, para que poidan aproveitar as posibilidades asociadas ás tecnoloxías dixitais, con énfases na redución da fenda de xénero e na capacitación dixital das mulleres no ámbito rural.



Poderá participar neste programa mulleres desempregadas ou en situación de mellora do emprego das Pontes.



Será necesario realizar unha proba de nivel que se celebrará o martes, 27 de setembro, ás 17:00 horas na Casa Dopeso.



Para a realización dos programas formativos facilitarase unha tablet a cada alumna, que lles será regalada ao remate da formación.



Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-sumase-ao-proxecto-muller-dixital-para-reducir-a-fenda-dixital-entre-as-mulleres-da-vila/



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies