30/09/2022
O Concello das Pontes, tras dous anos de parón por mor da pandemia da COVID19, recupera a actividade das escolas deportivas municipais infantís e abre o prazo de inscrición o luns, 3 de outubro
Para o curso 2022-2023 o Concello das Pontes ofrece un total de 10 disciplinas deportivas atletismo, baloncesto, hóckey a patíns, king boxing, patinaxe, ximnasia rítmica, psicomotricidade, vela, tenis, e tiro con arco.
Todas as familias interesadas en inscribir aos seus fillos o fillas nas escolas municipais deportivas infantís poden facelo no departamento de Deportes, na primeira planta da Casa Consistorial, en horario de 09:00 a 14:00 horas, a partir deste luns. #aspontes #deporte #escolasmunicipais #escolasdeportivasmunicipais
Máis info:
As Pontes, 30 de setembro de 2022. O Concello das Pontes, tras dous anos de parón por mor da pandemia da COVID19, recupera a actividade das escolas deportivas municipais infantís e abre o prazo de inscrición o luns, 3 de outubro Para o curso 2022-2023 o Concello das Pontes ofrece un total de 10 ....
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies