Noticias e alertas

XOVES NA BIBLIO. "Barullo!" de Nelson Quinteiro. 🥁🎻🪗 En Barullo! achegámonos á linguaxe do clown creando un "gaiteiriño" moi có...

12/02/2024

XOVES NA BIBLIO. "Barullo!" de Nelson Quinteiro. 🥁🎻🪗



En Barullo! achegámonos á linguaxe do clown creando un "gaiteiriño" moi cómico, que mestura as artes do paiaso co vestiario, identidade e recursos da música galega. O obxectivo do espectáculo comeza coa teima de axudar ao seu amigo Pepe, un lindo porquiño, a atopar o instrumento que mellor vaia coa súa personalidade, estilo e tamaño.



E con moito ritmo! Pois non faltan os ritmos esenciais da tradición musical galega como a xota, o pasodoble, a rumba, a pandeirada e, como non, a muiñeira. Cantando, tocando, bailando e facendo participar aos máis pequenos dende o minuto cero.



📆 Xoves 15 de febreiro

⏰ 18:00 horas

📍 Casa Dopeso

👥 A partir de 1 ano

🎟 Entrada gratuíta



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies