29/03/2023
COMPARTIMOS
O sábado, 15 de abril, chega a As Pontes, da man do Catre Teatro, a compañía Teatro de Balugas. coa súa obra Raposos.
A peza é unha advertencia sobre a propiedade da terra e os seus elementos naturais. A historia fálanos dun encoro abandonado durante a construción, que non superaba o tamaño das portas da igrexa da localidade, a diferenza dos grandes encoros que tragaban pobos enteiros; aquí o río, intuíndo tal peche, secou.
Entre as árbores cortadas e a aldea abandonada, os que quedaron, entre homes e animais, intentan todo para atopar de novo o río, algún sinal de auga. Esta é unha procura legendaria sobre agochos, animais e homes antigos.
📆 15 de abril
⏰ 20:00 horas
📌 Auditorio Municipal Cine Alovi
--------------------------------------------------------------------
Estrea no Festival de Teatro de Barcelos [Teatro Gil Vicente]
Premio ao Mellor Espectáculo, Mellor Escenario, Mellor Deseño de Son, Mellor Iluminación Escénica e Mellor Vestuario) | 2019.
Premio Guía dos Teatros ao Mellor Espectáculo Non Profesional | 2020.
Un dos catro espectáculos finalistas nominados a Mellor Espectáculo Internacional – Premio UNIR nos premios ESCENAMATEUR “Juan Mayorga” de las Artes Escénicas [España] | 2021.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies