31/05/2023
COMPARTIMOS
As Pontes recibirá os días 2, 5 e 6 de xuño, a visita da unidade móbil de “Coidados porta a porta”, a iniciativa financiada a través dos Fondos Europeos Next Generation para achegar aos maiores de 55 anos as consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.
Profesionais sanitarios atenderán as consultas básicas e realizarán exploracións e valoracións nestas tres especialidades.
Trátase dun servizo gratuíto que require cita previa.
Todas aquelas persoas que queiran facer uso deste servizo deberán solicitar cita no teléfono 622 748 283 ou a través do correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal .
A unidade móbil estacionará na Praza do Carme
📆 2, 5 e 6 de xuño
⏱ de 09:00 a 20:00 horas
📌 Canle IV
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies