Noticias e alertas

LEMBRAMOS HORARIO VISITAS XUÑO CENTRO INTERPRETACIÓN A MINA O Concello das Pontes abreu, a semana pasada, o centro de interpre...

05/06/2023

LEMBRAMOS



HORARIO VISITAS XUÑO CENTRO INTERPRETACIÓN A MINA



O Concello das Pontes abreu, a semana pasada, o centro de interpretación “A Mina”



O espazo, posto en marcha coa colaboración da Asociación de Estudos Históricos e Sociais Hume, responsable da elaboración dos contidos expositivos, cedidos por Endesa, está situado na antiga Casa da Enerxía e alberga unha mostra sobre a historia industrial das Pontes vinculada á mina de lignito pardo.



No centro de interpretación “A Mina”, que nace coa vocación de ser un espazo vivo, con contidos que irán cambiando ao longo do tempo, as persoas visitantes poderán coñecer os fitos máis importantes da historia do complexo eléctrico-mineiro das Pontes, desde o descubrimento de carbón nas Pontes ata o fin da actividade mineira, pasando pola construción da central térmica.



Durante o mes de xuño poderá visitarse os mércores e vernres en horario de tarde (de 18:00 a 20:00 horas) os xoves e sábados, en horario de mañá (de 11:00 a 13:00 horas) e os domingos realizaranse visitas guiadas (cita previa



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies