Noticias e alertas

📌 PROGRAMACIÓN XOVES NA BIBLIO DE OUTUBRO. XOVES 5: Rilla Rilla de Xarope Tulú. 🎭🎪🎯 Donas e cabaleiras, señoras e señores, pic...

03/10/2023

📌 PROGRAMACIÓN XOVES NA BIBLIO DE OUTUBRO.



XOVES 5: Rilla Rilla de Xarope Tulú. 🎭🎪🎯



Donas e cabaleiras, señoras e señores, picarada toda… Benvidas ao concurso sobre a lingua onde apañamos as palabras coma se fosen berberechos, onde o rotacismo forma parte da banda sonora e o seseo nos ha facer viaxar entre valumada. Se non oístes falar do cínefre, ou non sabedes o que é un día de garabullos, se nunca se pousou en vós unha lagáchima, andade atentas! Abride ben os ouvidos e deixádevos levar por esta música de salitre. Remangade ben o pantalón, que para apañar palabras é preciso mollar os pés!



XOVES 26: Agasallo das árbores de Cris de Caldas. 🐷🐷🐷



Cando a avoa Carmela sacaba do seu peto de superheroína un bocata de mortadela, había conto para a nena. Unha tarde, decidiu contarlle a verdadeira historia da familia dos porquiños máis famosa do mundo dos contos. Amor e respeto polo medio ambiente, unha versión feminista e gamberra dos Tres porquiños, humor, música e moitos contos, son os ingredientes desta sesión de contacontos musical.



⏰ 18:00 horas

📍 Casa Dopeso

👥 Para nen@s a partir de 4 anos

🎟 Entrada gratuíta (inscrición previa na Biblioteca 981 102 562)

#programaciónoutubro #xovesnabiblio #rillarilla #xaropetulu #crisdecaldas #agasallodasárbores #BibliotecaRiveraRouco #Concellodaspontes #outubronabiblio



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies