Noticias e alertas

TEATRO. SÍBARIS Vinte anos despois de que a publicación de Síbaris o convertese na estrela máis rutilante do firmamento literar...

18/04/2024

TEATRO. SÍBARIS



Vinte anos despois de que a publicación de Síbaris o convertese na estrela máis rutilante do firmamento literario, o escritor Víctor Morel non atravesa un bo momento: incapaz de escribir nada á altura das expectativas, leva demasiado tempo

bloqueado e cunha situación económica cada día máis delicada.



Laura, a súa muller, anímao a aceptar unha invitación da Universidade da Sorbona, disposta, como tantas outras institucións, a pagar xenerosamente por unha lección maxistral do célebre autor, pero a primeira aparición pública de Víctor Morel en anos

remata nun ataque de pánico e unha espantada antes de tempo.



A vida dos Morel semella afundir no desconsolo, cando Laura atopa unha saída.



📅 Sábado, 4 de maio

🕰 20:00 horas

📍 Auditorio Municipal Cine Alovi

🎟 https://aspontes.sacatuentrada.es/



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies