Noticias e alertas

📌 XOVES NA BIBLIO. "Grandes éxitos: 2004-2024" de Caxoto. Neste ano 2024 Caxoto cumpre 20 anos 🥳🎂 enriba dos escenarios contand...

02/05/2024

📌 XOVES NA BIBLIO. "Grandes éxitos: 2004-2024" de Caxoto.



Neste ano 2024 Caxoto cumpre 20 anos 🥳🎂 enriba dos escenarios contando contos por toda Galicia e media España. En todo este tempo o conto foi o principal ingrediente do seu traballo... pero non o único! Se os contos foron o sal, a música foi a pementa.



A través das cantigas tradicionais, dos xogos musicados, dos instrumentos peculiares,... Caxoto foi xuntando todo un amplo repertorio musical que vai dende o jazz chairego de Manuel María, á bossa nova mariñeira, pasando pola nosa rica tradición musical e as cantigas infantís de toda a vida. E todo no mellor acompañamento musical posible: Gaita, pandereta, ukelele, whistle, ácordeón, birimbao, xilófono



Para celebrar as dúas décadas vivindo do conto, Caxoto fai unha selección de todas estas cantigas, contos e xogos neste “Grandes éxitos 2004-2024”. Un espectáculo divertido e participativo para todos os públicos... e todas as gorxas.



📆 Xoves 2 de maio de 2024

⏰ 18:00 horas

📍 Casa Dopeso

👥 A partir de 3 anos

🎟 Entrada gratuíta



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies