Noticias e alertas

NOVO ENCONTRO DA REDE POLA IGUALDADE DAS PONTES | Vive As Pontes

25/03/2024

A semana pasada celebrouse un novo encontro da Rede pola Igualdade das Pontes, un espazo participativo que comezou a camiñar a finais do ano 2022.



O encontro tivo como finalidade poñer en valor o traballo conxunto a prol da igualdade desde ámbitos de actuación moi diversos: social, cultural, deportivo, educativo, empresarial, veciñal etc. A partir de diferentes dinámicas de traballo, as entidades puxeron en común as dificultades que atopan á hora de promover a igualdade de oportunidades desde os seus respectivos ámbitos.



Foron abordadas problemáticas como a persistencia de estereotipos de xénero no ámbito laboral, a segregación ocupacional, a escasa valoración social das profesións feminizadas, a falta de corresponsabilidade ou a carga de coidados que sofren as mulleres de forma cotiá. Nesta mesma liña, as persoas participantes tamén afondaron, desde un enfoque interseccional, nas desigualdades que as mulleres migrantes, maiores, viúvas, con discapacidade ou en situación de adicción enfrontan no seu día a día.



Máis info:





As Pontes, 25 de marzo de 2024. A semana pasada celebrouse un novo encontro da Rede pola Igualdade das Pontes, un espazo participativo que comezou a camiñar ...

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies