Noticias e alertas

O AUTO DO CASTROMIL de Producións Teatrales Excéntricas Con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso de proxectos que convo...

26/03/2024

O AUTO DO CASTROMIL de Producións Teatrales Excéntricas

Con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso de proxectos que convoca a fundación Manuel Maria e que recibe o apoio de máis de corenta concellos e institucións de Galiza.



A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o condutor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espirito antroidesco.

O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente.

Está feita com anacos das obras de Manuel María “A rebelión dos baús” “O Auto dos semulados da Caravilla”, Unha vez foi o trebón”, “Abril de Lume e Ferro” e o “Entremés da OTAN”.



O Auto do Castromil é un espectáculo de Excéntricas en coprodución co Centro Dramático GalegO, obra gañadora Gala dos María Casares dos premios Mellor Dirección (Quico Cadaval - Ex aequo con Tito Asorey por "unha inimiga do pobo")

Mellor Vestiario (Carlos Alonso). Ademáis, a obra continúa na carreira do Premios Max onde é candidato, entre 521 espectáculos, en outras dúas categorías: mellor espectáculo e mellor iluminación (Octavio Mas)



📅 Sábado, 6 de abril

🕰 20:00 horas

📍 Cine Alovi

🎟https://aspontes.sacatuentrada.es/



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies