Noticias e alertas

Hoxe no Concello das Pontes celebramos o Día Internacional do Libro📖 dunha...

23/04/2024

Hoxe no Concello das Pontes celebramos o Día Internacional do Libro📖 dunha forma moi especial na nosa Biblioteca.



Comezamos a tarde gozando coa música🎼, co concerto de Mamá Cabra e o seu espectáculo "Ondamini", e despois a concelleira de Cultura, Lorena Tenreiro, xunto a Ana Belén Fernández Martel, deseñadora do cartel anunciador das actividades organizadas desde o Concello con motivo desta celebración, fixeron entrega dos premios🎁 aos gañadores e gañadoras do II Concurso de Marcapáxinas, no que participaron 213 nenos e nenas,



Foro 44 participantes na categoría infantil, 57 na categoría de Primaria Inicial (1º e 2º), 55 na categoría de Primaria Medio (3º e 4º), 53 na categoría de Primaria Superior (5º e 6ª) e 4 na categoría de Educación especial, resultando gañadores os traballos de:



1ª Categoría do Concurso de Marcapáxinas 2024 (Infantil 0-5 anos)

•Gañadora: Núa Maira Castro

•Finalistas: Xela Varela Corral e Sergio Roca Cabarcos



2ª Categoría do Concurso de Marcapáxinas 2024 (Primaria inicial 6-8 anos)

•Gañadora: Lúa Varela Corral

•Finalistas: Nora Romero Cendán e Alexia Barcón Blanco



3ª Categoría do Concurso de Marcapáxinas 2024 (Primaria media 8-10 anos)

•Gañador: Juan Roca Cabarcos

•Finalistas: Ángela Barcón Blanco e Kilian Díaz Caetano



4ª Categoría do Concurso de Marcapáxinas 2024 (Primaria superior 10-12 anos)

•Gañadora: Alejandra Criado Castro

•Finalistas: Leire López Benavente e Eugenia Franco Otero



5ª Categoría do Concurso de Marcapáxinas 2024 (Educación Especial)

•Gañadora: Rebeca Cabarcos Bellas

•Finalista: Teo Coello Ameneiro



E rematamos a tarde dun xeito moi doce...comendo as galletas🍪 da Biblio e repartindo os marcapaxinas gañadores!



🩷Grazas a tod@s por achegarvos ata a Biblio esta tarde e por participar en todas as actividades para conmemorar o Día do Libro organizadas durante todo o mes de abril, unha data que nos recorda que vivir sen ler, sería un senvivir📖!















































Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies