Noticias e alertas

🎬📚 VIDEOFORUM. Dentro das actividades para celebrar o DÍA DO LIBRO convidámosvos a un ciclo de videoforum ideado como un espazo ...

23/04/2024

🎬📚 VIDEOFORUM.

Dentro das actividades para celebrar o DÍA DO LIBRO convidámosvos a un ciclo de videoforum ideado como un espazo de reflexión arredor da literatura e o cine.

Este xoves rematamos o ciclo coa película "Sueños de una escritora en Nueva York", adaptación da exitosa novela autobiográfica "O meu ano con Salinger", de Joanna Rakoff.

Joanna, unha moza que soña con ser unha gran escritora, consegue traballo nunha das principais axencias literarias de Nova York como axudante da directora. Entre outras tarefas, Joanna ha de responder as numerosas cartas que envían os fans dun dos escritores da firma, o mítico J.D. Salinger, autor de "O gardián entre o centeo". Apartándose do protocolo, Joanna imprimirá ás súas respostas un carácter moi persoal...

📆 25 de abril

⏰ 20:00 horas

📍 Casa Dopeso

🎟 Entrada gratuíta



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies