Noticias e alertas

PRESENTACIÓN LIBRO DE CANTOS Y REVOLUCIONES, de Alberto Pérez Rivera Acompaña ao autor: Toño González Só nas nosas sociedades ...

01/05/2024

PRESENTACIÓN LIBRO



DE CANTOS Y REVOLUCIONES, de Alberto Pérez Rivera

Acompaña ao autor: Toño González



Só nas nosas sociedades os seres humanos desposuímonos de toda a nosa razón e acabamos como cegos que se deixan guiar pola materia inerte nunha longa, longa noite escura que nos envolve.



Pero a historia non acabou, sempre quedan gretas por onde se pode coar o imprevisible, o que pode derrubar muros que parecían indestructibles pero que por dentro só estaban feitos sen carga.



Cando se acenda a faísca que nos revele o poder que pode emanar dos seres humanos e emprendamos a conquista do noso propio destino, poderemos iluminar unha vida con verdadeiro sentido social que nos conduza aos misterios dun universo que, aínda paciente, espéranos. «Mentres, o mundo avanzará por montañas de entullos, por rocas que se han de derrubar no esquecemento da nada, e volverán nacer flores que, talvez, volvan a enfangarse, nesta roda sen fin, ata que se pare a roda e vexámonos todos nela como o que somos, como puro po de estrelas.»



📆 Xoves, 2 de maio

🕦 20:00 horas

📍Biblioteca Municipal



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies