Noticias e alertas

COMPARTIMOSTHERESA ZABELL VISITA AS PONTES PARA A ENTREGA DO PREMIO "PONTE LAS...

30/04/2024

COMPARTIMOS



THERESA ZABELL VISITA AS PONTES PARA A ENTREGA DO PREMIO "PONTE LAS PILAS Y RECICLA" Ó CLUBE DE VELA FLUVIAL AS PONTES



O Club de Vela Fluvial As Pontes foi premiado pola Fundación Ecomar como gañador do concurso “Ponte las pilas y recicla 2023”, no que recolleu 691 kilos de pilas e no que participaron 55 clubs náuticos de toda España e esta fin de semana recibiu o premio das mans de Theresa Zabell, fundadora no ano 1999 da Ecomar, regatista olímpica e única muller española con dous ouros olímpicos, ademáis de cinco Mundiais e tres Europeos na clase 470



Nesta visita veu acompañada de José Pérez, presidente da empresa ECOPILAS e do Director de Marketing e Eventos, Julio Lema, para facer entrega do premio do concurso "PONTE LAS PILAS Y RECICLA 2023", consistente nun agasallo de 50 chalecos salvavidas e unha vela para unha embarcación da clase optimist.



Na súa visita ó lago Theresa non quixo desaproveitar a oportunidade de charlar cos regatistas do club contando múltiples anécdotas da súa vida deportiva e olímpica, e concienciando ós nenos no respeto os medios ambientes mariños e acuáticos en xeral.



O Concello de As Pontes tamén estivo representado neste acto coa presenza de Roberto Rivera concelleiro de Medio Ambiente.















Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies