Noticias y alertas

📚 PRESENTACIÓN DO LIBRO. O vindeiro xoves 9 de maio a partir das 20:00h, visitaranos na Biblioteca o escritor friolense Jordi C...

03/05/2024

📚 PRESENTACIÓN DO LIBRO.



O vindeiro xoves 9 de maio a partir das 20:00h, visitaranos na Biblioteca o escritor friolense Jordi Cicely Escritor presentando a súa exitosa primeira novela "Mariela envenena os meus soños".



"Mariela envenena os meus soños" é un dos grandes éxitos literarios nestes dous últimos anos en Galicia, a temática que trata e a forma de facelo, foi un dos puntais do seu éxito, así como a forma narrativa de prosa espontánea que bebe do estilo de Jack Kerouac e a Beat Generation norteamericana.



"Mariela envenena os meus soños" conta a historia de Jairo, un novo escritor que decide emprender unha viaxe a Cuba para esquecerse do seu ex parella, unha moza uruguaia chamada Mariela e que lle deixou causándolle un duelo que doe e dura demasiado. Temas como o apego, a idealización, a ansiedade ou o desamor desde a perspectiva dun home, foron tratados nesta historia dunha maneira directa e dura.



📆 Xoves 9 de maio de 2024

⏰ 20:00 horas

📍 Biblioteca Municipal de As Pontes



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies