Fonteboa organiza unhas charlas sobre a horta e os preparados ecolóxicos

22/10/2020

Línea Verde

info@lineaverdemunicipal.com

Durante os próximos meses, o Centro de Promoción Rural Fonteboa impartirá unha serie de ciclos relacionados coa horta e os preparados ecolóxicos. Serán todos os xoves, de catro a sete da tarde. As sesións comezarán mañá mesma coa visita da produtora ecolóxica Loli Rodríguez, de Coristanco . Ela falará sobre os cultivos de inverno, a preparación do chan e a loita contra as pragas e as enfermidades.

O próximo 29 de outubro será Lolo Andrade o que falará sobre as plantas e os preparados ecolóxicos. A idea é ensinar aos participantes a elaborar os seus propios preparados para combater as pragas e enfermidades. A temática cambiará radicalmente na sesión do 5 de novembro, cando se falará sobre as plantas silvestres comestibles, para axudar a identificalas e ensinar a preparalas. O día 12 deses mes tratarase o tema da loita biolóxica na horta, mostrando cales son os inimigos naturais das pragas e enfermidades. E o 19 explicarase como debe aproveitarse a castaña.

A mazá centrará as xornadas do 26 de novembro e do 3 de decembro, nas que se falará sobre o seu cultivo, pero tamén sobre a elaboración de conservas. E as dúas últimas sesións, a do 10 e 17 de decembro, versarán sobre as plantas medicinais para ensinar como se crea un horto con elas e que se pode aproveitar das mesmas. Inscricións en inscricion@efagalicia.org.

SOMOS AGRO / LA VOZ DE GALICIA

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies