14 de novembro 💙 Día Mundial da Diabetes
O Concello de As Pontes súmase á celebración do Día Mundial da Diabetes, unha data para dar visibilidade ás persoas con diabetes e promover a concienciación e a prevención desta enfermidade que afecta a millóns de persoas no mundo 🌍.
✨ O lema da Federación Internacional da Diabetes (IDF) para o período 2024-2026 é “A diabetes e o benestar”, lembrando que non podemos separar a diabetes da persoa: debemos falar das persoas con diabetes, e non da diabetes das persoas.
💬 Este ano, o foco está en “miremos máis alá da glicemia”, unha mensaxe que nos convida a atender tamén o benestar emocional, social e mental das persoas con diabetes.
💙 Como mostra de apoio e solidariedade, o Concello de As Pontes iluminará a súa fachada de cor azul esta noite, uníndose á cor símbolo da loita global contra a diabetes.
🤝 Desde o Concello reafirmamos o noso compromiso coa saúde, a prevención e o benestar de toda a veciñanza. Porque xuntos e xuntas, podemos mirar máis alá da glicemia e poñer ás persoas no centro. 💪💙
#DíaMundialDaDiabetes #AsPontes #DiabetesEBenestar #MiremosMáisAláDaGlicemia #Saúde #ConcelloDeAsPontes