PROGRAMACIÓN SANTA ICÍA 2025
O Conservatorio Profesional de Música das Pontes programa un recital de piano dentro da programación cultural de Santa Icía 2025, ao abeiro da programación de outono da @daccultura.
🎹 Concerto de Piano a cargo de Yolanda Delgado, dedicado ao Memorial Mireya Dieste e centrado na música galega para piano. Unha oportunidade excepcional para gozar dunha intérprete de gran sensibilidade e talento, nunha velada que destaca polo valor da nosa creación musical.
🗣 O relator será José Luís do Pico Orjais, e colaboran a Irmandade da Música Galega e o Fondo Local de Música do Concello de Rianxo, reforzando a dimensión cultural e divulgativa deste encontro.
📅 Luns 17 de novembro
🕖 19:00 horas
📍 As Pontes de García Rodríguez – Conservatorio Profesional de Música
🎟 Entrada libre ata completar aforo
✨ Un concerto único para celebrar Santa Icía e vivir a música galega desde a súa esencia. Non o deixes pasar!