📅 Martes 18 de novembro, 11:00 h | AAVV A Choupana, As Pontes*
🍳 O programa Cociña +60. Receitas de vida”, impulsado pola Fundación FAMYC coa colaboración do Grupo NOVE e o patrocinio de GADIS, chega a As Pontes para ensinar hábitos alimentarios saudables entre as persoas maiores.
Nesta sesión, os recoñecidos cociñeiros Daniel López (O Camiño do Inglés, Ferrol) e Iván Domínguez (NaDo, A Coruña) e a nutricionista Lucía Miyar Gil amosarán receitas sinxelas, equilibradas e económicas, baseadas en produtos locais e de tempada, e darán consellos prácticos para aproveitar ao máximo a cesta da compra. 🥦🥕🍲
📞 Para participar, chama ao 981 441 008 e facilita os teus datos para formalizar a inscrición.
💡Cociña +60. Receitas de vida” busca facer da cociña un espazo de saúde, creatividade e autoestima, promovendo a autonomía e o benestar emocional das persoas maiores.
🌱 Sobre o Grupo NOVE: asociación de cociñeiros galegos que defende a gastronomía creativa, emocional e baseada en produtos locais, participando tamén en iniciativas sociais para promover unha gastronomía con sentido no prato e no territorio.
👵👴 Non perdas esta oportunidade de cociñar, aprender e compartir momentos de saúde e sabor!