COMPARTIMOS
A Deputación da Coruña lanza un novo programa para que a mocidade da provincia poida aprender inglés no estranxeiro
📚 Convócanse 60 bolsas para realizar unha estadía de 4 semanas en Irlanda durante o verán de 2026, dirixidas ao alumnado de 1º de Bacharelato.
💬 O obxectivo é claro: garantir a igualdade de oportunidades e facilitar o acceso a este tipo de experiencias á mocidade dos concellos máis pequenos e ás familias con menos recursos.
💶 As bolsas cobren o 100% dos custos (ata 6.450,84 €), incluíndo:
✈️ Transporte
🏡 Aloxamento en residencia con pensión completa
📖 Curso intensivo de inglés (mín. 15 h semanais)
💻 Curso preparatorio online
🎯 Actividades culturais e deportivas
🛡️ Seguro e acompañamento durante toda a estadía
🌍 Unha experiencia de inmersión lingüística completa para mellorar o inglés, gañar autonomía e abrir novas oportunidades académicas e profesionais.
👩🎓 Requisitos principais:
✔️ Estar en 1º de Bacharelato nun centro público ou concertado da provincia
✔️ Ter aprobado 4º da ESO sen materias pendentes
✔️ Nota mínima de 6 en inglés
❌ Non residir en A Coruña, Santiago de Compostela ou Ferrol
📅 Prazo de solicitude: Do 9 ao 23 de abril de 2026 (ata as 14:00 h)
👉 Solicitudes: https://sede.dacoruna.gal/subtel/acceso/login
📄 Bases: https://bop.dacoruna.gal/…/p…/2026/01/16/2026_0000000189.pdf
✨ Unha oportunidade única para vivir, aprender e medrar no estranxeiro.
🇮🇪 Xa podes pedir solicitar a bolsa para estudar inglés en Irlanda!
📚 Se estudas 1º de Bacharelato nalgún concello da provincia, sen ser A Coruña, Santiago de Compostela ou Ferrol, podes optar á axuda.
👉 A subvención de máis de 6.400 € inclúe o transporte, o curso intensivo, a estancia, a manutención, as actividades e un seguro.
🗣️ Así cho conta a deputada de Educación, Yoya Neira.