🔧 O CONCELLO DAS PONTES ADXUDICA AS OBRAS DA 2ª FASE DA RÚA PARDO BAZÁN
O Concello das Pontes vén de adxudicar as obras de mellora de servizos e pavimentos na rúa Pardo Bazán á empresa Ambientum Tratamiento Global del Medioambiente S.L., cun investimento de 225.647 € financiados pola Deputación da Coruña.
➡️ A actuación permitirá mellorar a accesibilidade, a seguridade viaria e a calidade dos servizos urbanos.
Entre os traballos previstos destacan:
✔️ Renovación completa das beirarrúas, eliminando barreiras arquitectónicas
✔️ Novo pavimento na calzada con maior durabilidade
✔️ Instalación de saneamento separativo (pluviais e fecais)
✔️ Modernización do alumeado con luminarias LED
✔️ Reordenación do tráfico con sentido único
✔️ Novo mobiliario urbano e sinalización
📍 O tramo abrangue 140 metros e conecta coas rúas Antonio Machado e Ronda do Poboado.
Con esta intervención seguimos avanzando na mellora dos espazos públicos e na calidade de vida da veciñanza 💚
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-das-adxudica-as-obras…/