14/10/2024
🎥🍿 Carteleira de cine
🎞 Héroes de Central Park
Un monicreque de Don Quixote fugitivo cunha imaxinación ilimitada, e DJ Doggy Dog, un peluche abandonado que necesita un amigo, cruzarán os seus camiños en Central Park e uniranse contra vento e marea para unha épica aventura de amizade na cidade de Nova York.
📆 Sábado, 19 de outubro
🕦 17:00 horas
📆 Domingo, 20 de outubro
🕦17:00 horas
🎞 Bitelchus Bitelchus
Tras unha inesperada traxedia familiar, tres xeracións da familia Deetz regresan a Winter River. A vida de Lydia, aínda atormentada por Bitelchús, dá un envorco cando a súa rebelde filla adolescente, Astrid, descobre a misteriosa maqueta da cidade no faiado e o portal ao Máis aló ábrese accidentalmente. Cos problemas que se aveciñan en ambos os reinos, é só cuestión de tempo que alguén diga o nome de Bitelchús tres veces e o traveso demo regrese para desatar o seu propio caos
📆 Sábado, 19 de outubro
🕦 19:30 horas e 22:00 horas
📆 Domingo, 20 de outubro
🕦19:30 horas
📌 Casa Dopeso
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies