Noticias y alertas

DIQUE- NOVA GALEGA DE DANZA

30/10/2024

DIQUE- NOVA GALEGA DE DANZA

Poucas persoas saben que a obra de enxeñería hidráulica mías importante do século XIX en España foi escavada por mulleres. Entre 1874 e 1879 executouse a construción do Dique de Campá de Ferrol. Alí, un Total de 200 mulleres retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron 58.000 cestos cada unha nas súas cabezas. Eran “As estivadoras” . E polo mesmo traballo , cobraban menos ca os homes .

No 150 aniversario do inicio da súa construción do Dique, Nova Galega de Danza convidou á directora de escena Marta Pazos a realizar a súa homenaxe a aquela xesta.

Dique pon en dialogo a danza contemporánea e a danza tradicional galega nunha conversa que reflicte a conexión entre o pasado e o presente. Un xogo de cores, texturas e contrastes sobre á escena para ofrecer un desafío visual único. E toda unha chea de emocións para narrar a historia daquelas 200 mulleres silenciadas.



Unha pesza incluída no convenio de colaboración entre Agadic e Concello das Pontes na rede de teatros e auditorios



📆 Sábado, 16 de novembro

🕦 20:00 horas

📌Auditorio Municipal Cine Alovi

Venda de entradas: https://aspontes.sacatuentrada.es/



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies