13/03/2025
Hoxe é o Día Mundial do Ril e desde o Concello das Pontes sumámonos a campaña de información de Alcer Coruña co obxectivo de sensibilizar a toda a poboación sobre a enfermidade renal crónica.
A enfermidade renal crónica é unha doenza silenciosa que deriva na meirande parte dos casos doutras patoloxías silenciosas como a diabetes, a hipertensión ou a obesidade.
Estímase que no ano 2041 sexa a segunda causa de morte en España e a súa prevención depende en gran parte de adquirir hábitos de vida saudable ao longo da vida: non abusar de alimentos procesados, non ter hábitos tóxicos como fumar ou beber alcohol, non abusar de mediacamentos sen receita médica ou non practicar exercicio físico de forma habitual.
Manter en cifras axeitadas a glicosa e a tensión arterial así como realizar unha analítica anual pode previr esta doenza. #AlcerCoruña #DMR2025
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies