24/04/2025
𝐀 𝐃𝐄𝐏𝐔𝐓𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐀 𝐂𝐎𝐑𝐔𝐍̃𝐀 𝐀𝐃𝐗𝐔𝐃𝐈𝐂𝐀 𝐎 𝐃𝐄𝐒𝐄𝐍̃𝐎 𝐄 𝐀𝐒 𝐂𝐎𝐍𝐃𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍𝐒 𝐃𝐄 𝐅𝐔𝐍𝐂𝐈𝐎𝐍𝐀𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎 𝐃𝐀 𝐍𝐎𝐕𝐀 𝐑𝐄𝐒𝐈𝐃𝐄𝐍𝐂𝐈𝐀 𝐃𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒
Formoso reuniuse nas Pontes con técnicos da empresa adxudicataria e da Deputación para estudar os detalles do proxecto e visitou a parcela onde se edificará a residencia, no antigo colexio Pardo Bazán.
O contrato inclúe definición do proxecto social do centro e o plan de viabilidade económica e financeira. O proxecto arquitectónico sairá a concurso proximamente.
A residencia disporá de 59 prazas distribuídas en catro unidades de convivencia e servirá como centro piloto para desenvolver un modelo pioneiro de atención ás persoas maiores en Galicia.
O Concello das Pontes asumirá a demolición do edificio actual, a antiga escola Pardo Bazán, mentres que a Deputación financiará a construción da nova residencia, cuxas obras se inciarán en 2026.
Máis info: https://vive.aspontes.org/a-deputacion-da-coruna-adxudica-o-deseno-e-as-condicions-de-funcionamento-da-nova-residencia-das-pontes/
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies