29/04/2025
𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒, 𝐒𝐄𝐃𝐄, 𝐏𝐎𝐑 𝐓𝐄𝐑𝐂𝐄𝐈𝐑𝐎 𝐀𝐍𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐒𝐄𝐂𝐔𝐓𝐈𝐕𝐎, 𝐃𝐀 𝐂𝐎𝐏𝐀 𝐃𝐄 𝐆𝐀𝐋𝐈𝐂𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐂𝐑𝐎𝐒𝐒 𝐂𝐎𝐔𝐍𝐓𝐑𝐘 𝐎𝐋𝐈́𝐌𝐏𝐈𝐂𝐎
As Pontes acollerá esta fin de semana o III XCO Vila de As Pontes evento da Copa de Galicia de Cross Country Olímpico, unha modalidade de bicicleta de montaña que se desenvolve nun circuíto pechado de 3,4 quilómetros, ao longo do que se dispoñen diversos obstáculos, e ao que os deportistas participantes deberán dar varias voltas.
A proba, organizada polo club ciclista local Terras do Eume, coa colaboración do Concello das Pontes e a Federación Galega de Ciclismo, disputarase o día 3 de maio, a partir das 15:00 horas e nela daranse cita máis dun centenar de ciclistas, das categorías cadete, xuvenil, master 30,master 40, master 50, master 60 e elite, da modalidades masculina e feminina.
Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-sede-por-terceiro-ano-consecutivo-da-copa-de-galicia-de-cross-country-olimpico/
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies