Noticias e alertas

FORMACIÓN AULA CEMIT

30/04/2025

FORMACIÓN AULA CEMIT

CREACIÓN DE IDENTIDADE DIXITAL E PERFIL PROFESIONAL



Con este curso preténdese a toma de conciencia da gran importancia que ten a identidade dixital e a marca persoal de cara a mellorar a empregabilidade.

O obxectivo desta formación é coñecer e saber diferenciar entre os conceptos de identidade dixital, reputación en liña, privacidade e marca persoal, coñecer os riscos derivados da privacidade na internet e saber actuar en consecuencia así como trazar unha estratexia e un plan de acción de identidade dixital en favor da empregabilidade.

O curso está destinado a persoas usuarias con niveis básicos e medios no uso da internet que requiren facer unha xestión adecuada da súa identidade na internet, tanto desde o punto de vista da súa pegada dixital e a súa repercusión para a súa vida profesional, como o desenvolvemento dunha marca persoal propia.



📆 Do 5 ao 19 de maio

📆 De luns a vernes.

🕦 de 16:30 a 20:30 horas

📌 Aula CEMIT. Soto Casa Dopeso

Inscricións:

☎640 813 790

📩 cemit.aspontes@xuntal.gal e na 🧑‍🏫propia aula



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies