02/05/2025
𝐎 𝐓𝐄𝐂𝐈𝐃𝐎 𝐄𝐌𝐏𝐑𝐄𝐒𝐀𝐑𝐈𝐀𝐋 𝐃𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐄𝐒𝐈𝐗𝐄 𝐀́ 𝐗𝐔𝐍𝐓𝐀 𝐃𝐄 𝐆𝐀𝐋𝐈𝐂𝐈𝐀 𝐎 𝐑𝐄𝐏𝐀𝐑𝐓𝐎 𝐗𝐔𝐒𝐓𝐎 𝐃𝐎𝐒 𝐅𝐎𝐍𝐃𝐎𝐒 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐍𝐒𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍
Seara e Cohempo, en representación do tecido empresarial das Pontes, asinaron esta semana un manifesto no que amosan a súa desconformidade coa aplicación dos Fondos de Transición Xusta en Galicia, nos aspectos relativos á zonificación, criterios e puntuación, e no que lle esixen á Xunta de Galicia un reparto centrado nos municipios que integran os convenios de transición.
Este manifesto asinouse tras manter un encontro co alcalde, Valentín González Formoso e a concelleira de Industria, Ana Pena, no que informaron sobre as accións xudiciais emprendidas desde o executivo local contra o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), ambos dependentes da Xunta de Galicia, polo reparto dos Fondos de Transición Xusta.
Nese sentido, o alcalde das Pontes lembrou que “os fondos de Transición Xusta son fondos de reactivación económica para os concellos afectados polo peche de centrais térmicas. Non entendemos que se asignen estes fondos a municipios que non teñen centrais térmicas, é como destinar os fondos europeos para paliar os efectos da Dana a Asturias, é algo totalmente incomprensible”
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-tecido-empresarial-das-pontes-esixe-a-xunta-de-galicia-o-reparto-xusto-dos-fondos-de-transicion/
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies