06/05/2025
𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐈𝐍𝐈𝐂𝐈𝐀 𝐎𝐒 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎𝐒 𝐃𝐄 𝐂𝐎𝐍𝐒𝐓𝐑𝐔𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐏𝐈𝐒𝐓𝐀 𝐌𝐔𝐋𝐓𝐈𝐃𝐄𝐏𝐎𝐑𝐓𝐄 𝐍𝐎 𝐏𝐎𝐁𝐎𝐀𝐃𝐎 𝐃𝐀 𝐌𝐀𝐆𝐃𝐀𝐋𝐄𝐍𝐀 𝐄 𝐀 𝐌𝐄𝐋𝐋𝐎𝐑𝐀 𝐃𝐀 𝐒𝐔́𝐀 𝐂𝐎𝐍𝐓𝐎𝐑𝐍𝐀
O Concello das Pontes iniciou, a semana pasada, as obras de execución dunha pista multideporte no Poboado da Magdalena e a mellora da súa contorna.
O proxecto, cun orzamento de 181.427 euros, con cargo á Deputación da Coruña, ten como obxectivo prioritario mellorar a funcionalidade, seguridade, eficiencia enerxética e sustentabilidade dunha das prazas interiores do Poboado da Magdalena mediante a instalación dunha pista multideporte e o acondicionamento da súa contorna que permitirá a reorganización do espazo tendo como prioridade o lecer e a convivencia, creando un ámbito de xogo multideporte, renovando os itinerarios pavimentados, adaptándoos ás características dos xa remodelados na contorna.
Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-inicia-os-traballos-de-construcion-dunha-pista-multideporte-no-poboado-da-magdalena-e-a-mellora-da-sua-contorna/
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies