Noticias y alertas

𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐃𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐀𝐃𝐗𝐔𝐃𝐈𝐂𝐀 𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐓𝐑𝐀𝐓𝐎 𝐃𝐎 𝐒𝐄𝐑𝐕𝐈𝐙𝐎 𝐃𝐄 𝐀𝐗𝐔𝐃𝐀 𝐍𝐎 𝐅𝐎𝐆𝐀𝐑 𝐏𝐎𝐑 𝐕𝐀𝐋𝐎𝐑 𝐃𝐄 𝟕,𝟐 𝐌𝐈𝐋𝐋𝐎́𝐍𝐒 𝐃𝐄 𝐄𝐔𝐑𝐎𝐒

07/05/2025

𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐃𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐀𝐃𝐗𝐔𝐃𝐈𝐂𝐀 𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐓𝐑𝐀𝐓𝐎 𝐃𝐎 𝐒𝐄𝐑𝐕𝐈𝐙𝐎 𝐃𝐄 𝐀𝐗𝐔𝐃𝐀 𝐍𝐎 𝐅𝐎𝐆𝐀𝐑 𝐏𝐎𝐑 𝐕𝐀𝐋𝐎𝐑 𝐃𝐄 𝟕,𝟐 𝐌𝐈𝐋𝐋𝐎́𝐍𝐒 𝐃𝐄 𝐄𝐔𝐑𝐎𝐒



O pleno do Concello das Pontes aprobou hoxe a adxudicación do contrato do servizo de Axuda no Fogar, por valor de 7,2 millóns de euros.



A través deste servizo ofrecerase atención a persoas ou unidades de convivencia, no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu domicilio, atendendo a persoas dependentes, con déficit de autonomía así como a fogares con menores nos que se observe a necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo.



Os tipos de atención que se prestará serán catro; de carácter persoal para a realización de actividade da vida cotiá, atención das necesidades de carácter doméstico e de vivenda, acompañamento persoal para a realización de trámites administrativos ou médicos e atencións de carácter psicosocial e educativo. Ademais dos servizos propios de atención contémplanse outros complementarios tales como fisioterapia, podoloxía, salón de peiteado e limpezas extraordinarias.



A adxudicataria do servizo foi a empresa pontesa “Servizos Sociais Virxe do Carme, S.L.”, terá unha duración de dous anos, prorrogables dous máis, ata un máximo de catro anos. O contrato contempla un total de 78.000 horas anuais, a un prezo de 23,18 euros hora (ive incluído)



Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-das-pontes-adxudica-o-contrato-do-servizo-de-axuda-no-fogar-por-valor-de-72-millons-de-euros/



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies