08/05/2025
🎬📚 VIDEOFORUM
PERFECT DAYS
Nomeada a Mellor Película Internacional nos Óscar 2024, e gañadora do premio ao Mellor Actor para o seu protagonista Kôji Yakusho (“13 asasinos”). O director tres veces nomeado ao Óscar, Wim Wenders (“Paris, Texas”, “Ceo sobre Berlín”), rende homenaxe ao cineasta xaponés Yasujirô Ozu con esta reflexión profundamente conmovedora e poética sobre como atopar a beleza no mundo cotián que nos rodea.
Hirayama parece totalmente satisfeito coa súa sinxela vida de limpador de retretes en Tokio. Fóra da súa estruturada rutina diaria, goza da súa paixón pola música e os libros. Encántanlle as árbores e failles fotos. Unha serie de encontros inesperados revelan aos poucos máis do seu pasado.
📆 Xoves, 8 de maio
⏰ 20:00 horas
📍 Casa Dopeso
🎟 Entrada gratuíta
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies