14/05/2025
ROMARÍA DAS MERENDAS
Empezamos a debullar o cartel!
🎼ALGARABÍA nacen no seo da Asociación Cultural Álvaro Cunqueiro de Lago Valdoviño. A súa andaina comeza aló polo ano 2000, levando a música de tradición polos distintos escearios dos festivais da nosa provincia, colaborando con grupos folk, participando en programas da TVG, así como participando en Seráns solidarios. Actualmente o grupo está formado por 15 compoñentes das Comarcas de Ferrol Terra, Eume e Ortegal, que continúan co seu traballo de investigación para conservar e amosar a riqueza da música tradicional
🎼AQUÍ E ALÁ nace no ano 2014 pra ir cantar polos bares de As Pontes. Foi tan bonita esa actuación que decidiron volver a segunda e última edición no ano 2015. Logo tocaron no Courel, na primeira e segunda romaría en Vilar, continuando a tradición nas seguintes edicións da Romaría das Merendas en As Pontes.
Algunha que outra vez tamén tocaron en outros lugares como Louro, Muros, O Grove, Pontevedra ou Pontedeume.
🎼AXÓUXERE de Roupar naceu no 1995, na parroquia de Roupar, no Concello de Xermade. No grupo temos armonías para gaitas, frauta traveseira, saxofóns, pandeireta, tamborís e bombo. O noso obxectivo e amenizar as festas, ou facelas alí por onde pasamos, pero principalmente, facer equipo e pasalo ben.
🎼BENOFAN é unha charanga tradicional da parroquia de Calo formada por rapaces e rapazas que comezaron a súa andaina musical na Sociedade Recreativa. O grupo debutou no ano 2023 e, dende aquela, foi percorrendo diferentes lugares levando un repertorio que recorda ao das murgas, charangas e orquestras que amenizaban as verbenas e romarías do pasado século. Entre outras actuacións, destaca a participación no programa Aquí Galicia da TVG, a actuación en festivais como As Nosas Músicas de Couso, a Muiñada de Vimianzo ou Muros Mira o Mar e a presenza en foliadas e seráns de toda Galiza. No ano 2024, a charanga publicou a súa primeira gravación, "El Platanito", e actualmente traballa na elaboración dun disco.
📆 Sábado, 14 de xuño
⏱ Todo o día
📌Fraga de Dona Rita
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies