21/05/2025
As Pontes estreou onte o seu punto de actualización de documentación, un servizo co que se busca facilitar á veciñanza a renovación dos certificados dixitais de Dni e tamén a modificación de contrasinais electrónicos, sen que teñan a obriga de desprazarse a unha comisaría doutro concello
Esta nova ferramenta está operativa na pranta baixa do edificio administrativo da rúa 8 de marzo e súmase a outras seis que tamén entraban funcionamento estes días nos concellos de Cee, Melide, Noia, Ordes, Rianxo, Sada e Vimianzo.
O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, e a edil Ana Pena, achegáronse ata o edificio administrativo da rúa 8 marzo para comprobar in situ o funcionamento deste dispositivo, co que dende o goberno central se pretende facilitar a relación dos veciños e veciñas coas administracións e tamén gañar en axilidade e tempo á hora de realizar calquer tipo de trámite destas características, ademáis de evitar desprazamentos a outros concellos.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies