21/05/2025
🎬📚 VIDEOFORUM
DRIVE MY CAR
película dramática xaponesa de 2021 dirixida e coescrita por Ryūsuke Hamaguchi. Está baseada nun relato curto de Haruki Murakami da súa colección de contos de 2014, Homes sen mulleres.
A película segue a Eūsuke Kafuku (interpretado por Hidetoshi Nishijima) mentres dirixe unha produción multilingüe da obra Tío Vania en Hiroshima e lida coa morte da súa esposa, Oto.
Drive My Car tivo a súa estrea mundial no Festival de Cinema de Cannes de 2021, onde competiu pola Palma de Ouro e gañou tres premios, incluído o de mellor guion. A película recibiu eloxios xeneralizados da crítica, e moitos a declararon como unha das mellores películas de 2021.
Obtivo catro nomeamentos para a 94.ª edición dos Premios Óscar: mellor película, mellor director, mellor película internacional e mellor guion adaptado. É a primeira película xaponesa nomeada a mellor película.
Na 79.ª edición dos Globos de Ouro, a película gañou o premio á mellor película en lingua non inglesa.
📆 Xoves, 29 de maio
⏰ 20:00 horas
📍 Casa Dopeso
🎟 Entrada gratuíta
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies