Noticias e alertas

𝐎 𝐂𝐈𝐑𝐂𝐔𝐈́𝐓𝐎 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄́𝐒 𝐀𝐂𝐎𝐋𝐋𝐄 𝐄𝐒𝐓𝐀 𝐅𝐈𝐍 𝐃𝐄 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀 𝐀 𝐕𝐈 𝐄𝐃𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐎 𝐒𝐋𝐀𝐋𝐎𝐌 𝐕𝐈𝐋𝐀 𝐃𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒

28/05/2025

𝐎 𝐂𝐈𝐑𝐂𝐔𝐈́𝐓𝐎 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄́𝐒 𝐀𝐂𝐎𝐋𝐋𝐄 𝐄𝐒𝐓𝐀 𝐅𝐈𝐍 𝐃𝐄 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀 𝐀 𝐕𝐈 𝐄𝐃𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐎 𝐒𝐋𝐀𝐋𝐎𝐌 𝐕𝐈𝐋𝐀 𝐃𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒



O circuíto das Pontes albergará, esta fin de semana a sexta edición do Slalom Vila das Pontes, puntuable para o Campionato Galego de Slalom da Federación Galega de Automobilismo.



Os vehículos participantes deberán facer fronte a un percorrido de algo máis de 1.300 metros, en dúas mangas oficiais, e haberá un total de sete agrupacións xa que, como xa se fixo na edición anterior, este ano volve estar incluído o grupo VII no que participan vehículos de serie, con 1.200 cc de cilindrada máxima.



Haberá premios para os oito mellores da clasificación xeral; tres premios en cada unha das agrupacións e o Trofeo Talleres Trevín para o último clasificado sen penalizacións. Tamén se recoñecerá ás participantes femininas que acaden o mellor posto na clasificación xeral co trofeo DV Vilabella.



Este VI Slalom Vila das Pontes dará comezo o sábado 31 de maio ás 8:30h coa entrega dos dorsais e as verificacións técnicas dos vehículos participantes. Ás 11:00 arrincará a primeira manga de adestramentos e xa dende as 16:00 horas disputarase a primeira manga oficial. Ao seu remate arrincará a segunda manga puntuable para este trofeo. A entrega de premios está marcada para as 22.00 horas, nas mesmas instalacións do circuíto pontés.



Máis info: https://vive.aspontes.org/o-circuito-pontes-acolle-esta-fin-de-semana-a-vi-edicion-do-slalom-vila-das-pontes/



Máis información

Noticias e alertas

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies