Noticias e alertas

Seguimos descubrindo aos grupos que participarán na Romaría das Merendas...

30/05/2025

Seguimos descubrindo aos grupos que participarán na Romaría das Merendas 2025



🎼PANDERETEIROS TRASPÉS



Entidade dedicada á recuperación, investigación, conservación e difusión do folclore que se fundou en Vigo a finais do ano 2009. Esta agrupación componse de catro seccións que son: un corpo de baile, o grupo de pandereteiras, o grupo de pandereteiros e unha charanga tradicional.



Estes cantares son recollidos directamente dos informantes por toda a xeografía galega, respectando sempre as características propias de cada zona: xeitos de emisión, técnica de acompañamento, tipos de instrumentos empregados, repertorio e estilo; e recollendo o testemuño de moitas mulleres e moitos homes, antes principais intérpretes e transmisores do canto popular galego, presente en moitos

momentos da vida dos nosos devanceiros.



🎼 PETRICOR

O grupo Petricor (Santiago de Compostela), créase no ano 2020, froito da paixón pola música galega e da necesidade de partillar a súa música, incluindo no seu repertorio obras tradicionais e de autor.

Petricor está composto por artistas consolidados dentro do marco da música tardicional da Galiza:

David de Miguel (requinta), Xesús Rodríguez (gaita), Xulio León (acordeón), Santiago López (caixa), Eva Pereiro (bombo con pratos) e Andrea Pérez (saxo)



📆 Sábado, 14 de xuño

⏱ Todo o día

📌Fraga de Dona Rita







Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies