03/06/2025
Ahí van os últimos grupos que actuarán na Romaría das Merendas 2025
🎼VAI RAÑALA MEU
Nace no ano 2012 froito da xuntanza do sector máis calivera da Banda de Gaitas Terra de Trasancos do Real Coro Toxos e Froles da que os seus membros formaban parte. Desas reunións informais naceu a agrupaciòn que, a maiores de gaitas, foi enriquecendo a súa instrumentaciòn con outras achegas como saxo soprano, clarinete, acordeòn ou zanfona. Nestes 12 anos de vida, a formaciòn foi mudando ata hoxe, que está composta por dúas gaitas, clarinete, acordeòn, pandeireta, tambor e bombo.
Ao mesmo tempo da fomaciòn musical, Vai Rañala Meu! conforma unha asociaciòn cultural que traballa en prol da salvagarda e difusiòn da nosa cultura en todos os seus eidos.
🎼 XOSÉ LIZ E ANTÍA
Vigo e As Pontes fusionadas para traer ao esceario da Romaría das Merendas a mellor mezcla de música tradicional do momento. Non haberá bailador nin bailadora que se resista.
📆 Sábado, 14 de xuño
⏱ Todo o día
📌Fraga de Dona Rita
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies