Noticias e alertas

“As Pontes Ecuestre” despedía onte a súa terceira edición batendo todos os...

08/06/2025

“As Pontes Ecuestre” despedía onte a súa terceira edición batendo todos os rexistros de participación, con preto dun centenar de saídas a pista no Concurso de Saltos Territorial e ao redor de 120 xinetes e amazonas inscritas na proba do Campionato Galego de Andadura.



Ademais, o Lago das Pontes convertíase nunha das tres sedes da I Liga Ferrol-Eume-Ortegal, e os deportistas do Club local Prado Ventura, do ferrolán Equo Alalma e do ortegano Granxa do Souto buscaban a mellor clasificación para puntuar nesta nova liga entre clubs, patrocinada pola Deputación da Coruña. O público tamén respondía á convocatoria, e dende primeira hora da mañá ía achegándose ao Lago para desfrutar da competición hípica.



Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-ecuestre-despide-unha-edicion-na-que-se-bateron-todos-os-rexistros-de-participacion/



Fotos. Hakuna Fotata Photographer















Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies