09/06/2025
COMPARTIMOS
Este fin de semana o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes desprazouse por partida doble.
O sábado achegábase a Lugo con tres embarcacións, para participar no Descenso do Miño, que nesta ocasión era tamén campionato galego de ríos. Nun percorrido de 19km, entre a ponte de Rábade e a Ponte Romana de Lugo, especialmente duro pola acumulación de algas que dificultaban o padexo.
Os resultados foron os seguintes, Antón Garcia e Xalo García eran séptimos en k2 home senior; Ernesto Gancedo era 4º en Home k1 veterán, onde Antonio Polo se alzaba co título de Campión Galego de ríos na categoría veterán. O club na categoría home veterán tamén se proclamaba campión.
Xa o domingo, o desprazamento era a Rianxo, para participar na l Regata da Copa Deputación da Coruña.
Nesta ocasión o club desprazaba sete palistas, sendo Martín Ferro 3º en home Benxamín B k1, Javi Filgueira era segundo en home Benxamín A k1, Unai Penabad gañaba no k1 Alevín A, posto que repetía Dani Ferro en home k1 Infantil A.
Os cadetes home k1, ocupaban o primeiro chanzo con Adri Filgueira, sendo medalla de chocolate Xalo Romero e quinto Omar Penabad.
📷 Grupo Xuvenil
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies