Noticias e alertas

Lóva, crear unha obra nas aulas dende cero

09/06/2025

COMPARTIMOS



O proxecto educativo Lóva (La Ópera, Vehículo de Aprendizaje), ten a súa orixe nos anos 70 e chegou a España en 2006. Dende o Teatro Real, a iniciativa, no que un grupo de alumnos crea unha compañía dende cero e realiza todo o proceso de montaxe dunha obra ata a súa estrea en público, foise estendendo ata chegar a centros educativos de toda España.



E concretamente este curso debutan en Lóva o Ceip Santo Estevo de Parga, o único da provincia de Lugo en participar, e o IES Moncho Valcarce das Pontes, un dos poucos institutos que o levan a cabo.



O venres 13 é o día escollido por Destello Perdido Compañía de Ópera do IES Moncho Valcarce para pór sobre o escenario do auditorio pontés Cine Alovi a obra Tan etérea música. O pase matutino estará aberto ás familias e ao alumnado do centro, na medida en que o permita o aforo do recinto.



Máis info:





O Ceip Santo Estevo de Parga e o IES Moncho Varcarce das Pontes debutan neste proxecto educativo integral

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies