10/06/2025
🔊 AVISO Á VECIÑANZA – DISPARO PIROTECNIA DE RUÍDO
O Concello informa que o, 𝐬𝐚́𝐛𝐚𝐝𝐨 𝟏𝟒 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐧̃𝐨, 𝐚́𝐬 𝟏𝟑:𝟎𝟎 𝐡𝐨𝐫𝐚𝐬, 𝐫𝐞𝐚𝐥𝐢𝐳𝐚𝐫𝐚𝐬𝐞 𝐮𝐧 𝐝𝐢𝐬𝐩𝐚𝐫𝐨 𝐩𝐮𝐧𝐭𝐮𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐩𝐢𝐫𝐨𝐭𝐞𝐜𝐧𝐢𝐚 𝐝𝐞 𝐫𝐮𝐢́𝐝𝐨, con motivo da celebración da Romaría das Merendas.
Sabemos que os ruídos fortes poden resultar moi molestos ou incluso angustiantes para algunhas persoas, especialmente para quen vive con autismo, hipersensibilidade sensorial, Alzhéimer, enfermidades neurolóxicas ou outras condicións que afectan á percepción do son. Tamén sabemos que poden asustar a nenos/as pequenos, persoas maiores e animais.
Queremos avisar con tempo para que estas persoas, as súas familias, as persoas coidadoras poidan prepararse con antelación e tomar as medidas necesarias para contrarestar os efectos deste disparo.
🤝 Pedimos desculpas polas molestias e queremos darvos as grazas pola vosa comprensión no noso intento de facer das Pontes unha vila máis coidadosa e respectuosa para todas as persoas.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies