Noticias e alertas

𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐑𝐄𝐂𝐔𝐏𝐄𝐑𝐀 𝐀 𝐓𝐑𝐀𝐃𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐂𝐎𝐀 𝐂𝐔𝐀𝐑𝐓𝐀 𝐄𝐃𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐀 𝐑𝐎𝐌𝐀𝐑𝐈́𝐀 𝐃𝐀�...

11/06/2025

𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐑𝐄𝐂𝐔𝐏𝐄𝐑𝐀 𝐀 𝐓𝐑𝐀𝐃𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐂𝐎𝐀 𝐂𝐔𝐀𝐑𝐓𝐀 𝐄𝐃𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐀 𝐑𝐎𝐌𝐀𝐑𝐈́𝐀 𝐃𝐀𝐒 𝐌𝐄𝐑𝐄𝐍𝐃𝐀𝐒
O Concello das Pontes, coa colaboración do grupo de música tradicional No Cómbaro, organiza este sábado, 14 de xuño, a cuarta edición da Romería das Merendas, unha cita que terá lugar na Fraga de Dona Rita a partir das 13:00 horas e que busca recuperar o espírito das antigas festas populares que un día foron sinal de identidade do municipio.
A programación comezará ás 13:00 horas coa sesión vermú, amenizada polos grupos Axóuxere (Roupar), Vai Rañala Meu (Narón) e Benofán (Calo), que encherán de ritmo a Fraga de Dona Rita para dar paso, a partir das 15:00 horas, ao momento das merendas abertas á veciñanza. As persoas asistentes deberán levar a súa propia comida e bebida, xa que non haberá postos de venda no recinto.
A partir das 16:00 horas, os romeiros e romeiras más pquenas serán protagonistas grazas á organización de xogos populares tradicionais e obradoiros de creación de colares e pulseiras con elementos naturais, unha das principais novidades desta edición, que reforza o compromiso coa transmisión interxeracional da cultura e o respecto pola natureza.
Xa pola tarde, entre as 18:00 e as 23:00 horas, será a queda para a actuación dos grupos Sondalla (Illa de Arousa), Algarabía (Valdoviño), Aquí e Alá (Outes / Lousame), No Cómbaro (As Pontes) Xosé Liz e Antía Caaveiro (Vigo / As Pontes), Traspés (Vigo), Petricor (Compostela) e Os Sibailas (Madrid) e, como en anos anteriores, haberá un concurso de bailes agarrados.
A festa culminará cunha Foliada Libre, aberta a quen queira seguir compartindo música e baile baixo as árbores da Fraga.
Máis info: https://vive.aspontes.org/as-pontes-recupera-a-tradicion-c…/

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies