Noticias y alertas

COMPARTIMOS A Cámara de Comercio da Coruña celebrará o próximo 26 de xuño o V Encontro 45+, unha feira de emprego dirixi...

12/06/2025

COMPARTIMOS
A Cámara de Comercio da Coruña celebrará o próximo 26 de xuño o V Encontro 45+, unha feira de emprego dirixida ao colectivo sénior no Auditorio de Ferrol.
Trátase dun evento crave para facilitar a inserción laboral de profesionais con ampla traxectoria que se actualmente atopan en situación de inactividade ou desemprego. A iniciativa realízase por primeira vez en Ferrol, desenvolverase en horario de 9:00 a 13:30 horas, e ten como obxectivo conectar a candidatos maiores de 45 anos con empresas que valoran a súa experiencia e habilidades.
A feira reunirá a empresas de diversos ámbitos con ofertas de emprego activas aliñadas a estes perfís, ofrecendo aos asistentes a posibilidade de contactar directamente nunha única mañá con profesionais de Recursos Humanos das empresas participantes. Prevese que participen ao redor de 50 compañías, entre as que se atopan Grupo Intaf, Gabadi, Genesal, Leroy Merlín, Citanias, Grupo Eulen ou Mapfre, entre outras.
As persoas interesadas poden rexistrarse, sen custo, a través da web da Cámara ou chamando ao 981 21 60 72 (horario de 9:00 a 13:30 h). O prazo finaliza o 25 de xuño ás 18:00 horas.
O programa de ENCONTROS 45+, está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e enmárcase dentro do Programa FSE+ de Educación e Formación, Emprego e Economía Social (EFESO) 2021-2027.
Máis info: https://www.camaracoruna.com/…/feria-de-empleo-v-encuentro…/

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies