𝐎 𝐂𝐀𝐌𝐈𝐍̃𝐎 𝐃𝐎 𝐁𝐈𝐒𝐏𝐎 𝐀𝐁𝐑𝐈𝐑𝐀𝐒𝐄 𝐀𝐎 𝐏𝐔́𝐁𝐋𝐈𝐂𝐎 𝐍𝐎 𝐌𝐄𝐒 𝐃𝐄 𝐒𝐄𝐓𝐄𝐌𝐁𝐑𝐎
O proxecto do Camiño do Bispo continúa avanzando con paso firme.
Onte celebrouse nas Pontes unha reunión clave entre os Concellos polos que discorre a ruta e a Axencia de Turismo de Galicia, representada por Ildefonso de la Campa, director do Xacobeo na que se presentaron os principais avances do proxecto, entre eles a nova imaxe oficial da ruta, o plan de sinalización e acondicionamento do trazado, así como a previsión de celebrar a inauguración pública este outono.
A nova identidade visual do Camiño do Bispo, deseñada pola pontesa Laura Gómez, do estudo De Cibreiro, foi outro dos elementos presentados durante a xuntanza, inspirada no báculo de San Rosendo, bispo de Mondoñedo no século X, unha figura emblemática para Galicia tanto no eido relixioso como político.
Asi mesmo, durante a reunión tamén se abordou a creación e posta en marcha dunha páxina web común, onde se reunirá toda a información da ruta nun único espazo dixital, cun mapa interactivo, recursos para o visitante e datos culturais relevantes dos territorios polos que transcorre o camiño.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-camino-do-bispo-abrirase-ao-pu…/