Noticias e alertas

COMPARTIMOS O Grupo Compostela de Universidades, en colaboración coa Asociación Betula, EuroEume, Grupo Naturalista Hábi...

25/06/2025

COMPARTIMOS
O Grupo Compostela de Universidades, en colaboración coa Asociación Betula, EuroEume, Grupo Naturalista Hábitat, Rural-C, o Concello de Monfero e a Universidade de Santiago de Compostela, e patrocinado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, para o ano 2025 pon en marcha o programa “𝐕𝐨𝐥𝐮𝐧𝐭𝐚𝐫𝐢𝐚𝐝𝐨 𝐆𝐂𝐔 𝐜𝐨 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐢𝐦𝐨𝐧𝐢𝐨 𝐞𝐧 𝐁𝐨𝐬𝐪𝐮𝐞𝐬 𝐆𝐀𝐋”
Trátase dunha iniciativa interxeracional centrada en fomentar na xuventude o apego ao rural galego e o crecemento intelixente dos pobos mediante actuacións de aprendizaxe e mergulla no patrimonio da nosa rexión.
Hai dispoñibles 14 prazas para veciñanza e estudantes locais e estranxeiros residentes en Galicia, 7 para persoas de entre 18 e 35 anos e 7 para persoas maiores de 55 anos, para realizar accións de voluntariado na comarca de Monfero, Fragas do Eume e contorna, do 23 de setembro ao 7 de outubro de 2025.
A actividade de voluntariado será recoñecida con ata 3 ECTS pola Universidade de Santiago de Compostela.
Se tes interés en participar, podes a topar toda a información en https://web.gcompostela.org/…/voluntariado-gcu-co-patrimon…/

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies