𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐃𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐄𝐗𝐏𝐑𝐄𝐒𝐀 𝐎 𝐒𝐄𝐔 𝐓𝐎𝐓𝐀𝐋 𝐀𝐏𝐎𝐈𝐎 𝐀𝐎 𝐏𝐄𝐑𝐒𝐎𝐀𝐋 𝐃𝐄 𝐄𝐈𝐍𝐒𝐀 𝐄 𝐒𝐎𝐋𝐈𝐂𝐈𝐓𝐀 𝐎 𝐂𝐔𝐌𝐏𝐑𝐈𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎 𝐎 𝐀𝐂𝐎𝐑𝐃𝐎 𝐀𝐒𝐈𝐍𝐀𝐃𝐎 𝐍𝐎 𝟐𝟎𝟐𝟒
A concelleira de Industria, Ana Pena, mantivo a semana pasada unha reunión co comité de empresa de Einsa Print no que amosou o total apoio do Concello das Pontes ao plantel da empresa ante a intención da dirección aplicar un novo Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que suporía o despedimento de 102 dos 128 traballadores e traballadoras da Einsa Print e o cesamento definitivo da actividade de imprenta.
Desde o Concello das Pontes, Ana Pena amosaba o apoio unánime do goberno local coas reivindicacións do comité de empresa e o respeto aos compromisos firmados, esixindo garantías para os dereitos laborais da plantilla de Einsa Print.
Asi mesmo, o Concello das Pontes ven de solicitar formalmente unha reunión coa Xunta de Galicia, coas consellerías de Industria e Emprego, co obxectivo de reactivar o plan de formación e reinserción laboral iniciado en 2024, orientado a abrir novas oportunidades no mercado laboral da comarca aos centos de traballadores e traballadoras afectadas polo ERE.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-das-pontes-expresa-o-…/