"AS PONTES... A TODA COR ❤️🧡💛💚💙💜
É hora de desafiar as nosas ideas preconcibidas e para iso… De que falamos cando falamos de LGTBIfobia? De entrada, o concepto de «fobia» pode despistarnos un pouco, así que aclaremos isto! Se o pensas ben, as LGTBIfobias xeran é odio, ira e enfado en base a prexuízos sociais, roles e mandatos sexistas.
Contra quen se dirixe? Contra gais, lesbianas, e bisexuais, así como contra todas as aquelas persoas que non identificándose con estes termos, senten atracción cara persoas do seu mesmo sexo-xénero. Pero tamén se dirixe contra as persoas que se saltan as normas do sistema sexo-xénero (que non se identifican coa identidade de xénero que lles foi asignada ao nacer – persoas trans -), e contra aquelas mulleres e homes (heterosexuais ou non) que teñen comportamentos que non se consideran acordes ao seu rol de xénero (masculino ou feminino). É dicir, contra todas aquelas persoas que non teñen unha identidade e unha expresión de xénero normativas.
A boa nova é que estamos ante formas de pensar, sentir e comportarse que poden desaprenderse tanto a nivel
individual como social. A LGTBIfobia pode erradicarse!
Longa vida á diversidade!
#FAILLEeco e racha co odio"