COMPARTIMOS
A fin de semana do 28 e 29 de xuño, o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes desprazabas ata o encoro de Pontillón de Castro, na parroquia pontevedresa de Verducido, con 6 padexeiros, para disputar o Campionato Galego de Xoves Promesas.
En dúas xornadas abafantes pola onda de calor, os nosos acadaron salientables resultados. Na primeira xornada, a do sábado, Dani Ferro era 4º na final A e Xoel entraba 6º na súa final, ambos en infantil A k1 home, sobre 1000m. Xa no k2, sobre a mesma distancia eran 3ºs galegos.
Na xornada dominical competían os cadetes, aquí Xalo Romero acadou un 7º posto no k1 home cadete B 1000m., Adri Filgueira con Omar Penabad acababan 4ºs no k2 home Cadete sobre 500m., e os anteriores tres padexeiros acompañados por Xalo Cascudo eran 6ºs no home cadete k4, tamén na distancia olímpica do medio quilómetro.