Noticias e alertas

𝐍𝐀𝐂𝐄 𝐀 𝐀𝐒𝐎𝐂𝐈𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐄 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎𝐒 𝐃𝐀 𝐂𝐎𝐌𝐀𝐑𝐂𝐀 𝐃𝐎 𝐄𝐔𝐌𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐈𝐌𝐏𝐔𝐋𝐒𝐀𝐑, �...

01/07/2025

𝐍𝐀𝐂𝐄 𝐀 𝐀𝐒𝐎𝐂𝐈𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐄 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎𝐒 𝐃𝐀 𝐂𝐎𝐌𝐀𝐑𝐂𝐀 𝐃𝐎 𝐄𝐔𝐌𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐈𝐌𝐏𝐔𝐋𝐒𝐀𝐑, 𝐃𝐄 𝐅𝐎𝐑𝐌𝐀 𝐂𝐎𝐍𝐗𝐔𝐍𝐓𝐀, 𝐎 𝐓𝐔𝐑𝐈𝐒𝐌𝐎 𝐄 𝐎 𝐃𝐄𝐒𝐄𝐍𝐕𝐎𝐋𝐕𝐄𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎 𝐃𝐎 𝐓𝐄𝐑𝐑𝐈𝐓𝐎𝐑𝐈𝐎
Esta mañá presentouse no Concello das Pontes a nova Asociación de Concellos para a xestión da Comarca do Eume, unha entidade que agrupa aos cinco municipios que integran esta comarca: As Pontes, Pontedeume, Monfero, Cabanas e A Capela.
Durante a presentación desta nova entidade, o alcalde das Pontes, González Formoso subliñou que esta colaboración “non busca só dinamizar o turismo, senón crear accións conxuntas para unha xestión máis eficiente dos recursos, optimizar custos e deseñar proxectos que sexan xeradores de emprego e riqueza para o conxunto da comarca”.
Pola súa banda, os alcaldes dos concellos integrados nesta nova asociación destacaron a importancia de traballar unidos para acceder a fondos europeos, estatais e autonómicos, deixando a un lado calquera diferenza política.
Máis info: https://vive.aspontes.org/nace-a-asociacion-de-concellos-d…/

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies